2024 foi histórico grazas a ti.

Querida pinga, déixanos compartir contigo cousas ilusionantes que este ano ocurriron grazas a ti e ideas dun futuro aínda mellor.

Segue lendo

Dúas bolsas! Si, superámosnos outra vez.

Por primeira vez impactamos en dúas vidas nun mesmo ano: Ana Díez e Adra Pallón. Quen ía dicilo fai uns anos. O máis fermoso é seguir sentindo admiración por cada unha das persoas que coñecemos. Que sexan moitas máis!

Récord de pingas. E isto soamente é o comezo

Queremos unha relación durante os próximos 50 anos contigo. Somos 225, que poderemos facer cando sexamos 500? É fermoso comprobar que non hai baixas (entendendo calquera situación) pero que pouco a pouco a nosa comunidade medra para aumentar o noso impacto.

Máis de 300 rapazas e rapaces con «mil futuros».

Seguimos acudindo a centros educativos e este ano mellorando o sistema para multiplicar impacto. Medra o número de mentoras e mentores así como o número de cafés de orientación con moitas de vós. Grazas por tanto.

Estreamos programas e estreamos formatos.

Estreamos «A que andas» para tratar apoiar a todas as persoas finalistas co seguemento durante un ano dunha pinga. Creamos «Xantares con finalistas», encontros pequeños para coñecer de preto iniciativas marabillosas e vernos.

A «Residencia ensaia» é unha realidade anual.

Antía Ameixeiras puido desfrutar dun mes de estancia en Anceu Coliving (🩵) da cal sairá un novo tema en colaboración con…. xa te contaremos. O positivo é que este ano irá outra das nosas finalistas. Xa é unha realidade ademáis da nosa Bolsa.

Ingresamos 15.134,03€, sentidiño.

E aínda aforramos algo! Todo o que acontece fíxose con esa cantidade. Unha mostra do impacto da túa contribución. Agardamos ingresar máis e facer máis, pero é fundamental que saibas que os teus cartos van á xuventude galega. Mantemos os valores de xenerosidade, contribución e autonomía. Sigamos.


Iso sí, agora veñen os retos de 2025.

Cada vez sentimos máis responsabilidade coas persoas de aquí enriba e con todas as que están por vir. Podes facer clic nas súas imaxes e saber máis dos seus perfís.

Agora, segue lendo para saber os retos↓

Queremos espazos físicos

Queremos presencia en medios

Queremos empresas con valores

Queremos que a comunidade dea o salto definitivo.

Queremos implicar a máis persoas creando un grupo voluntario de «pingas motivadas», comunicar mellor, crear máis espazos de encontro e, sobre todo, aumentar o noso impacto na xuventude galega. Máis que nunca, queremos ser e fortalecer o sentimento de comunidade. Velaí que contar con espazos físicos sexa importante.

Estamos creando un plan cheo de soños e proxectos.

Estamos pensando a catro anos e queremos deseñalo contigo. Probar novas bolsas, aspirar a máis impacto ou desenvolver novas formas de visibilidade ás finalistas (podcast, xantares, eventos…). Queremos crear materiais para a xuventude ou poder xuntar ao talento coas pingas. Moitas ideas para as que, sen dúbida, é moi necesaria a túa contribución e participación. Velaí que queiramos máis presencia nos medios.

Medrar con paciencia e con valores.

Queremos facer todo isto e temos claro o que debemos conservar: manter o noso espíritu e valores.

Xenerosidade, contribución, apoio, admiración, comunidade… medrar despacio. Queremos seguir sentindo orgullo de pertenencia e manter as raíces. Velaí que pensemos en novos formatos de doazóns pero sempre coa mentalidade de crecer pouco a pouco pero con visión de longo prazo.

» Unha imaxe para seguir celebrando.

Si. Celebrar.

O que estamos a facer con esas pequenas aportacións é moi significativo e necesario. Cada ano constatamos que vivimos rodeadas de persoas dun extraordinario potencial de impacto en Galicia.

En trinta anos, a foto de aquí abaixo na que agora saen as catro persoas bolsadas na nosa historia, será aínda máis especial.

Catro persoas bolsadas, vintecatro persoas ás que apoiar

Unha foto moi especial que serve de motivación, xa que a nosa «Bolsa ensaia» non é un premio que damos a mellor persoa, senón un camiño ata poder apoiar a tódalas que están creando valor.

Premendo no botón de abaixo poderás coñecer ás 24 persoas que xa pasaron pola nosa «Bolsa ensaia» nos últimos anos. Sigamos.

Lembra que soamente estamos a unha pinga de multiplicar por dous o noso impacto.

Soa esaxerado, pero é real. Queremos que a comunidade medre con calidade humana. Se cada persoa convence a soamente unha amizade en seis meses, multiplicaremos por dous o noso impacto nunha soa anualidade.