logo_animado_ensaia-copia.gif
| Aviso legal
| Privacidade
| Cookies 
| Colabora
| Dúbidas
| Manifesto
| Mil futuros
| Emocionario
QUERIAMOS
CAMBIAR
GALICIA.
Esta carta é atemporal. Pouco importa a súa autoría, a súa data ou a cidade; se a estás a ler, é porque ti tamén querías cambiar Galicia.

Formas parte dese grupo de persoas que se moven polos valores dunha sociedade mellor. Persoas que van alén dos seus intereses por un propósito superior ao que están unidas: Galicia.

Querendo cambiala entendemos que xa posuía o talento, a cultura e a identidade. Aínda que nos queiran facer crer que nos apagamos, brillamos. A Galicia non hai que cambiala, senón potenciala, apreciala e valorala; hai que espertala!

Que fermoso sería se cada persoa fose verdadeiramente consciente do seu auténtico potencial. Somos a mirada dunha xeración talentosa, viva, curiosa, alegre e influente, que agora desexa lembrarllelo ás demais. 

Somos auga; pequenas pingas que se unen no máis fermoso e intenso dos movementos: a choiva. Xuntas somos choiva, un movemento que, en forma de comunidade, nutre e enriquece a nosa terra. 
 
Descoñecemos se nacemos como escola que aspira a movemento ou como idea que aspira a proxecto. Só sabemos que nacemos, e por tanto viviremos. Dende hoxe, serán as nosas accións as que definan a nosa identidade.

Inspirados nunha visión de longo prazo, uns valores humildes anímannos a conversar co talento, mover a arte e compartir con orgullo a cultura. Valores educativos que nos amosan que facernos grandes, pasa por facer grandes aos demais.

O noso legado será poñer en valor o noso presente, dedicando todas as nosas capacidades en impulsar todas as posibilidades dos demais. Algo típico de quenes queriamos cambiar Galicia.

Desfruta. Seica, en breve, vai chover.
MANI-
FESTO
ensaia_logo_vectorizado.png
Formas de colaboración aquí