DÚBIDAS FRECUENTES
Toda a nosa filosofía pode cambiar porque continuamente cuestionamos as nosas crenzas. Velaí que un apartado de dúbidas, gústenos máis que un de explicacións.
 
Aquí contestamos algunhas cuestións de interese para a nosa comunidade, agardamos que sexan do teu interese

>

Que gaña ensaia cos proxectos que realiza?
O fin é facer proxectos con valor social. Non hai lucro nin interese económico. Se queres saber máis de nós ollea o resto da web. Nacemos como unha comunidade de persoas que buscan, a base de investir tempo, cartos e enerxía, contribuir ás posibilidades da nosa terra dun xeito non político ou lucrativo, senón social e con visión de longo prazo.

>

Quen financia e como se financian os proxectos? 
Os nosos proxectos son creados co fin de aportar valor a Galicia. Financiámonos de tres modos: contribucións da nosa comunidade, doazóns e patrocinios de terceiros (información aquí) e os beneficios das actividades que organizamos. Non vendemos proxectos, sinxelamente, os creamos

Calquera pode financiar un proxecto (particular ou empresa) na medida e cantidade que desexe. Non damos nada a cambio máis aló de dicir quen os financiou. Para non condicionar os resultados soamente poñemos o nome dos financiadores, poñendo á mesma altura a un particular que a unha organización.

O noso obxectivo non está en vender proxectos ou ter logotipos, senón en facer cousas útiles para a nosa poboación, que teñan un valor social e cultural a longo prazo.

>

Por que cobran os profesionais que participan nos proxectos?
Na organización non hai persoal contratado, soamente voluntarios, sen embargo buscamos que no 100% dos proxectos nos que haxa un profesional involucrado, cobre. Queremos desenvolver o talento da nosa comunidade e por iso debemos ser os primeiros en valoralo. Aceptamos con cariño os amables descontos das nosas colaboradoras, mais non queremos contribuir ó traballo de valde, senón á posta en valor da profesionalidade galega. 

>

Por que hai que pagar nalgúns proxectos?
Hai proxectos que teñen que ver con terceiros, como "mil futuros", que se desenvolve en centros educativos. Parécenos importantísimo que cando haxa unha entidade ou colectivo colaborador nunha actividade, este faga unha doazón voluntaria e simbólica para mostrar o seu interese e compromiso coa actividade e traballo que facemos. Este diñeiro, tamén vai destinado a accións sociais.

>

Quen está detrás de ensaia?
Ensaia está composto por unha comunidade de persoas ó redor dun fin compartido: Galicia. Cremos que temos todo o talento necesario na nosa terra e que é necesario movelo, conectalo e visibilizalo. Pensamos que o mellor modo de facelo non era falando, senón demostrándoo con proxectos

>

De que xeito podo contribuir?
Dende difundindo as nosas iniciativas, ata acudindo as nosas actividades e, por suposto, con doazóns ou patrocinios para a realización dos proxectos. Moitas veces, o importante non é dar o diñeiro senón encontrar a quen pode interesarlle facelo realidade

>

Como podo formar parte da comunidade?
A comunidade non é un lugar ó que pertencer, senón un movemento ó que sumarse. Podes ler o noso manifesto na web, acudir ós encontros e actividades públicas que facemos e suscribirte ó noso boletín para estar preto. 

>

Como xurdiu e quen financiuo o nacemento de ensaia?
Nace da unión de persoas cun fin común centrado no talento da nosa poboación. O comezo foi posible grazas a pequenas doazóns de persoas anónimas para o gran público, con vontade de participar activamente no desenvolvemento social e cultural de Galicia.