Coñece ao talento galego emerxente.
PODCAST
Galicia conta cunha nova xeración de referentes. Neste podcast «As follas novas» entrevistamos e rexistramos a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia».
Conversacións sobre a súa historia, proceso creativo e forma de entender o mundo.
Desfruta dun episodio novo cada mes
Escoitar como forma de apoio.
Deixa as cinco estrelas ★★★★★
Cremos que descubrir e visibilizar a referencias locais é unha das ferramentas máis poderosas para loitar contra a fuga de talento. Escoitalas é o primeiro paso para admiralas.
Ségue «As follas novas»
na túa plataforma favorita
Poetas, luthieres, violinistas, fotógrafos, emprendedores, debuxantes ou deseñadoras. Referencias de todos os ámbitos e sectores cunha soa cousa en común: impacto positivo en Galicia.
Entrevistas inspiradoras conducidas de forma amena pola comunicadora Cintia Salido. Con retratos realizados polo fotógrafo Ricardo Lede e cunha banda sonora feita en exclusiva pola violinista Antía Ameixeiras.
Te encantará se buscas temas como creatividade, propósito, emprendemento, cultura ou impacto social en Galicia. Bota unha ollada no noso Instagram a algúns extractos e reflexións.
Unha iniciativa de ensaia para impactar positivamente na seguinte xeración.
Somos unha comunidade de persoas (pingas), que cada ano doa cartos para crear iniciativas como a «Bolsa ensaia» ou este podcast. Anímate a colaborar para ampliar o noso impacto.