logo_animado_ensaia-copia.gif
| Aviso legal
| Privacidade
| Cookies 
| Colabora
| Dúbidas
| Manifesto
| Mil futuros
| Emocionario
QUERIAMOS CAMBIAR GALICIA
Somos un movemento cultural que busca impactar positivamente en Galicia cunha visión de longo prazo. Facemos programas e proxectos que visibilizan o noso talento, cultura, e capacidade.

Por qué non?

Creamos proxectos que dentro de cen anos poidan ser un legado para a nosa comunidade. Visibilizamos o coñecemento da nosa poboación. Conectamos o talento para crear valor. Movémonos por algo superior a nós: Galicia.  

>

>

OS NOSOS PROXECTOS

en marcha

Creamos proxectos que impactan dun xeito positivo en Galicia. Levámolos a cabo grazas a doazóns. A continuación podes ver e profundizar nos dous que estamos a desenvolver na actualidade.

MIL FUTUROS

Conversar voluntariamente con mil mozas e mozos de Galicia para promover o seu potencial e crear unha red de mentores ó redor do seu talento.    mais  información  aquí  

Coñecer as historias dos pratos das nosas avoas. Unha homenaxe a unha cultura alimentaria, cultura herdada e conservada por tantas mulleres ó longo da nosa historia.    mais información aquí   

EMOCIONARIO GASTRONÓMICO GALEGO

Faite pinga colaboradora

Buscamos persoas que nos axuden a levar a cabo estes proxectos así como futuras actividades en Galicia. Soñamos con traer crear proxectos eternos, a referencias do coñecemento, dar becas ó talento e crear arte. Infórmate máis aquí e súmate á nosa visión. 
 
 

Conecta

connosco

Estamos construindo delicada e coidadosamente a maior comunidade de persoas en Galicia cunha visión de longo prazo. Se queres participar nas nosas actividades ou estar ó día do que facemos, podeste suscribir para estar ó día
 
 

Inspiracións

Grande atrevemento é, sin duda, para un probe inxenio como o que me cadrou en sorte, dar á luz un libro cuias páxinas debían estar cheias de sol, de armonía e daquela naturalidade que, unida a una fonda ternura, a un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman a maior belleza dos nosos cantos populares

 
Por esto, inda achándome débil en forzas e n’havendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada sólo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan dosemente resoaron nos meus oídos desde a cuna e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia, atrevínme a escribir estos cantares.
- Rosalía de Castro -
(Prólogo de Cantares galegos)