Bolsa ensaia

5ª edición · Unha bolsa de 10.000€

Buscamos influír positivamente na túa traxectoria polo que, independentemente da actividade que realices, se tes entre 21 e 35 anos, cada ano lanzamos esta bolsa para ti.

Creada polas doazóns desinteresadas das máis de duascentas pingas (doantes) que compoñen esta comunidade está deseñada para aportarte valor.

| Consulta as bases aquí
| Comparte o cartel aquí
| Contribúe para dar dúas en 2026

· Prazo pechado para presentación de solicitudes dende o 2 de Novembro ás 23:00h (Galicia)

Seis
puntos fortes
desta bolsa


10.000€ para investir na túa traxectoria

Unha cantidade íntegra para investir no teu futuro. Ademáis da dotación económica e dentro das nosas posibilidades, buscamos impactar ao máximo na túa traxectoria co apoio de toda a comunidade, a través de encontros, recomendacións e visibilidade.

Sinxelo presentar a túa solicitude

Buscamos impulsar, apoiar e facilitar o camiño e vocación de persoas con impacto en Galicia. Aberta a calquera tipo de actividade, queremos que teñas liberdade no formato de presentación. Podes facelo escribindo, falando, debuxando ou cantando. Queremos coñecerte na túa esencia e facilitar o proceso de presentación a túa forma de ser.

Apoio a todas as persoas finalistas

Ademais de continuar co programa «A que andas?», no que todas as finalistas contarán cunha persoa de apoio da nosa comunidade durante un ano, traballamos para divulgar e dar a coñecer o teu proxecto con entrevistas e reportaxes fotográficas no noso novo podcast: «As follas novas».

Proceso respectuoso

A «Bolsa ensaia» non é un premio nin un concurso senón un humilde apoio ás traxectorias de persoas que impactan positivamente na nosa sociedade. Tratamos cada candidatura con agarimo, traballamos por informar con honestidade en cada punto do proceso e lemos as propostas con atención.

Moitas opcións futuras

O noso percorrido está comezando aínda que xa temos un plan de impacto para os próximos anos. Dalgún modo, cremos que animarte a participar se tes unha idea é importante porque no futuro soñamos con facer encontros, formaciós e achegar ferramentas de valor a todas as persoas candidatas. Ademáis, lembra que esta bolsa sae cada ano case nas mesmas datas.

Posibilidade da «Residencia»

Novamente, unha das persoas finalistas que non reciba a «Bolsa ensaia», será seleccionada para desfrutar da «Residencia ensaia» e pasar un mes, de balde, un mes nun espazo creativo de Galicia (Anceu coliving), cunha dotación a maiores de 600€ para os gastos.

Tres datas
importantes

 

10 de setembro de 2025

Apertura oficial do prazo de presentación de solicitudes para optar á bolsa, a través do formulario desta páxina web.

2 de novembro de 2025

Peche do prazo de presentación de solicitudes ás 23:00h galegas. Apertura dos procesos de validación, preselección, comunicación da selección e entrevistas.

6 de febreiro de 2026

Comunicación final da decisión do xurado. Fixación do acto presencial e comezo da divulgación de todas as persoas finalistas.

 

Coñece ao xurado

A maiores destas seis persoas, todas as pingas da comunidade poden votar entre as candidaturas finalistas conformando o sétimo ente do xurado e o máis importante. Unha oportunidade para achegar a túa proposta a máis de 200 persoas.

  • Lia González

    Directora de arte

  • Brais Suárez

    Doutor en Economía

  • Antonio Facal

    Director Conservatorio

  • Laura Boor

    Divulgadora e artista

  • Belén Varela

    Escritora e consultora

  • Javier Cebreiros

    Doutor en Comunicación


Dúbidas frecuentes
(e importantes)

 

Se despois de ler as bases e as dúbidas frecuentes tes algunha consulta, contacta con nós en administracion@ensaia.com · Trataremos de contestar coa maior brevidade posible

Coñece aquí ás finalistas doutras edicións da «Bolsa ensaia» ou revive a «Gala ensaia»

Rexistrando a unha xeración

Cada ano traballamos por aumentar a nosa pegada con iniciativas que visibilicen as traxectorias das persoas que estamos a descubrir grazas á Bolsa ensaia, polo animámoste a seguir o noso podcast «As follas novas» e presentarte para poder estar aquí algún día.

Proxecto feito grazas ás 234 pingas que, anónima e desinteresadamente fan posible esta bolsa

O movemento ensaia é real pola xenerosidade dunha comunidade de máis de dúascentas persoas (pingas) movida polo desexo de impactar positivamente na seguinte xeración creando unha cultura de xenerosidade.