Política de
Privacidade.
Compromiso institucional
ensaia manifesta o seu compromiso firme e inequívoco coa protección integral da infancia e da adolescencia, garantindo contornos seguros, respectuosos e libres de calquera forma de violencia.
No desenvolvemento de todas as súas actividades, e en especial no programa de mentoría Mil futuros, no que participan persoas a partir dos 14 anos, ensaia actúa conforme ao interese superior do menor, respectando os seus dereitos, dignidade, benestar físico, emocional e psicolóxico, e promovendo a súa participación activa nun contorno de confianza e acompañamento seguro.
A asociación adopta e aplica medidas de prevención, detección e actuación fronte a calquera situación de risco ou violencia, de acordo co establecido na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, e esixe a todo o seu persoal, voluntariado e persoas colaboradoras o cumprimento estrito das súas políticas e códigos de conduta nesta materia.
Este compromiso forma parte esencial dos valores de ensaia e guía todas as súas actuacións presentes e futuras.
Responsable do tratamento
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello (RXPD) e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle de que o responsable do tratamento dos seus datos persoais é ensaia, con NIF G27868264, domicilio en Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9, Oficina, Planta -2, 36203 Vigo, Pontevedra, e correo electrónico de contacto administracion@ensaia.com. De acordo co artigo 37.1 do RXPD, ensaia non está obrigada a designar un Delegado de Protección de Datos. Calquera consulta relativa ao tratamento dos seus datos pode dirixila ao correo electrónico indicado.
Finalidade do tratamento
Os seus datos persoais, nome e correo electrónico, empréganse para informarlle de encontros, proxectos e actividades nos que ensaia participe de forma directa ou indirecta. Estas comunicacións realízanse de xeito automático mediante correo electrónico a través de Mailchimp.
Cando vostede realiza unha doazón ou se dá de alta como pinga, tratamos ademais os datos necesarios para xestionar os cobros periódicos mediante domiciliación bancaria SEPA a través de Stripe, emitir os certificados oficiais de doazón con fins fiscais e cumprir coa obrigación de presentar o Modelo 182 ante a Axencia Tributaria Española. Este tratamento inclúe datos identificativos, de contacto, datos bancarios e datos económicos relativos ás doazóns realizadas.
Programa «Mil futuros»: os datos persoais, nome, correo electrónico e demais información ofrecida no formulario de solicitude de Mil futuros utilízanse para buscar o programa de mentoría mellor adaptado ás súas necesidades, segundo as reflectidas no formulario.
Con consentimento expreso e específico, podemos utilizar o seu correo electrónico para crear audiencias personalizadas en plataformas de terceiros como Google Ads, co obxectivo de amosarlle información sobre os nosos proxectos ou de excluílo das campañas de captación se xa recibe as nosas comunicacións. O correo electrónico súbese a estas plataformas mediante unha técnica de pseudonimización (hashing) que impide o acceso ao dato orixinal.
ensaia utiliza ademais Gmail e Google Drive (Google LLC) para o intercambio e almacenamento de documentación interna que pode conter datos de contactos, colaboradores e doantes. Estas ferramentas actúan como encargados de tratamento e están suxeitas ás políticas de privacidade de Google.
Base lexitimadora do tratamento
En virtude do artigo 6 do RXPD, o tratamento dos seus datos para o envío de comunicacións informativas é lícito polo consentimento expreso da persoa interesada, prestado ao enviar o formulario de subscrición. O tratamento para a xestión de doazóns e cobros baséase na execución da relación de doazón establecida con ensaia. O tratamento para o cumprimento das obrigacións fiscais, como a presentación do Modelo 182, ten como base o cumprimento dunha obrigación legal. O tratamento para publicidade personalizada require consentimento expreso e específico, obtido mediante a casilla de verificación correspondente no formulario de subscrición.
No caso do programa Mil futuros, ao marcar a caixa de aceptación de tratamento e da política de privacidade, préstase o consentimento para o tratamento dos datos achegados no formulario.
Persoas menores de idade (Mil futuros)
Mil futuros está aberto a persoas a partir dos 14 anos. De acordo co artigo 7 da LOPDGDD, desde os 14 anos podes dar ti mesma ou ti mesmo o consentimento para que tratemos os teus datos. Non aceptamos solicitudes de persoas menores de 14 anos.
Explicado sinxelo, se tes entre 14 e 17 anos:
Só che pedimos o necesario: o teu nome, o teu correo e o que nos queiras contar sobre o teu futuro.
Usámolo só para buscarche a persoa mentora que mellor encaixe contigo. Non o vendemos nin o usamos para publicidade.
Só o ven as persoas de ensaia que organizan Mil futuros e a persoa mentora que che asignemos.
As persoas mentoras comprométense a cumprir o noso código de conduta e a política de protección da infancia e da adolescencia.
Podes pedir en calquera momento que borremos os teus datos escribindo a administracion@ensaia.com. Tamén o poden pedir a túa nai, o teu pai ou quen teña a túa titoría.
Destinatarios dos datos
Os seus datos poderán ser comunicados aos seguintes prestadores de servizos: Mailchimp (Intuit Inc.), que xestiona o envío de comunicacións por correo electrónico e almacena os datos en Estados Unidos ao abeiro do marco EU-US Data Privacy Framework; Stripe, Inc., que procesa os pagamentos mediante domiciliación bancaria SEPA e está certificada baixo o mesmo marco; Supabase, Inc., que proporciona a infraestrutura de base de datos onde se almacenan os datos de xeito cifrado en repouso; Cloudflare, Inc., que presta os servizos de aloxamento e distribución da web e do panel de xestión e está certificada baixo o mesmo marco; e Google LLC, para servizos de tipografía web e, con consentimento expreso, plataformas publicitarias. Os datos fiscais comunicaranse á Axencia Tributaria Española no marco das obrigacións legalmente establecidas.
A recollida de datos para o programa Mil futuros efectúase a través de Google Forms, que almacena os datos de acordo coa política de privacidade de Google e as condicións de servizo de Google Drive. Esta información será manexada unicamente polas persoas que integran ensaia e polas persoas mentoras, para atopar a mentoría que mellor se axuste ás súas necesidades.
Conservación dos datos
Conservaremos os seus datos e enviarémoslle as comunicacións indicadas ata que vostede nos indique que desexa darse de baixa. Os datos de doazóns e certificados fiscais conservaranse durante dez anos desde a última doazón, en cumprimento das obrigacións establecidas na Lei Xeral Tributaria. Os datos bancarios manteranse durante a vixencia da relación de doazón e ata cinco anos despois da baixa para atender posibles reclamacións. Os datos empregados para publicidade personalizada conservaranse ata que vostede retire o consentimento expreso.
Dereitos das persoas interesadas
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais que lle concirnan. Se estamos a tratar os seus datos, vostede ten dereito a acceder a eles e a coñecer a finalidade coa que os tratamos e a categoría dos datos de que se trate. En calquera momento pode solicitar a rectificación, modificación ou actualización dos seus datos persoais dirixíndose ao correo administracion@ensaia.com ou mediante carta á dirección postal indicada.
Así mesmo, ten dereito a solicitar a supresión dos seus datos cando xa non sexan necesarios para a finalidade para a que foron recollidos, a opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a solicitar a limitación do tratamento en determinadas circunstancias e a recibir os seus datos nun formato estruturado e de uso común (dereito á portabilidade). En caso de ter prestado consentimento para algún tratamento específico, pode retiralo en calquera momento sen que iso afecte á licitude do tratamento anterior.
A persoa interesada pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que o tratamento dos seus datos non é conforme á normativa vixente.
Cookies
O noso sitio web utiliza cookies propias e de terceiros. A xestión do consentimento realízase a través do noso propio aviso de cookies, que lle permite aceptar ou rexeitar cada categoría de cookies de forma granular e cambiar a súa elección en calquera momento. Para máis información, consulte a nosa Política de Cookies en ensaia.com/cookies.
Medidas de seguridade
ensaia aplica medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir a seguridade dos seus datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Os datos almacénanse cifrados en repouso. O acceso ao sistema de xestión interna está protexido mediante autenticación de dous factores e os datos bancarios e identificativos amósanse enmascarados por defecto para o persoal interno.
Modificacións desta política
ensaia resérvase o dereito a modificar esta política de privacidade para adaptala a novos requisitos lexislativos ou cambios nos seus servizos. En caso de cambios relevantes, informarémoslle por correo electrónico ou mediante un aviso destacado no noso sitio web. A data de última actualización é outubro de 2026.