MIL 
FUTUROS
Proxecto social que consiste en conversar dun xeito voluntario con mil mozas e mozos de Galicia. Busca promover o seu potencial, crear unha comunidade ó redor do seu talento e ofrecerlle tódalas posibilidades das xeracións anteriores. 

O PROXECTO EN 3 GOTAS

Máis de 40 encontros de ideas con persoas de entre 16-22 anos de distintos centros educativos de Galicia
 Encontros   •   Talento   •   Mocidade 
Unha comunidade de persoas con capacidade de reflexión para que poidan contactar, unirse, crear e compartir aprendizaxes. 
 Comunidade   •   Reflexión   •   Conexión
Actividades inspiradoras e dinamización dunha rede de mentoras para facilitar o seu futuro persoal e profesional.
 Mentores   •   Inspiración   •   Futuro 

 A visión.

Conectar, conversar e apoiar  a mil mozas e mozos que, dentro de 20 anos liderarán Galicia para, dende hoxe, facelos conscientes do seu talento, facilitar as súas posibilidades e explicarlles a súa responsabilidade co futuro da nosa rexión. 

Impacto social.

Evitar a fuga de talento e traballar por potenciar unha mentalidade de posibilidades da nosa xuventuda fai que se procuren catro obxectivos:

Empoderar á xuventude para que coñezan as súas capacidades

1

3

Facilitar o seu desenvolvemento persoal e, polo tanto, profesional.

Cambiar a mentalidade de 'ter que emigrar' para traballar.

2

4

Achegar referencias de éxito galegas á nosa xuventude.

Participa neste proxecto.

Buscamos mecenas que poidan facer posible esta idea, así como centros educativos galegos no ámbito de Pontevedra, nos que desenvolver os encontros e conversar con esa xuventude que liderará no futuro a nosa comunidade.

*Clica aquí para acceder a información de interese:

|  Dúbidas para centros  |  Dúbidas frecuentes sobre ensaia

|  Doantes  |  Patrocinadores