Bolsas
ensaia
Facernos grandes pasa por facer grandes aos demáis.
Cada ano, a comunidadede persoas (pingas) doan voluntaria, anónima e independentemente cartos para facer posible a «Bolsa ensaia», que sae cada setembro e xa vai pola súa quinta edición. Consiste en outorgar unha bolsa de 10.000€ para impulsar a traxectoria dunha persoa que impacta en Galicia así como pequenas bolsas que abaixo podes consultar.
Persoas receptoras da «Bolsa ensaia»
Mentres se organiza a «Bolsa ensaia» de 2026, aquí tes ás persoas que ata agora recibiron esa bolsa económica (agora de 10.000€) así como o acompañamento da nosa comunidade.
-

Hadrián Jamardo
Banda deseñada | 2025 (receptor)
Integrador social e debuxante utiliza o cómic como ferramenta para reflexionar sobre temas sociais e culturais desde unha perspectiva galega. A súa obra mestura costumismo e retro-futurismo, explorando cuestións como a evasión a través da arte.
-

Adra Pallón
Fotografía | 2024 (receptor)
Fotógrafo e viaxeiro comprometido coa memoria, adica a súa obra a homenaxear a cultura labrega e as persoas que sosteñen a identidade galega. Durante anos, percorreu a Galicia interior documentando problemáticas sociais e ambientais a través dunha lente humanista e evocadora.
-

Ana Díez
Xestión cultural | 2024 (receptora)
Cofundadora de «A Seara», axencia cultural que está a transformar o panorama artístico galego, impulsa proxectos culturais defendendo a lingua e a identidade galega. Aposta por dar visibilidade a artistas emerxentes consolidando a arte galega e fortalecendo as raíces culturais do noso territorio.
-

Adrián M. Pereiro
Lutería | 2023 (receptor)
Luthier galego que busca crear unha peza elaborada con catro madeiras das catro provincias galegas compartindo, en cada madeira, unha historia dun proxecto con impacto nos campos cultural, tradicional ou artesán.
-

Nuria Vilán
Poesía | 2022 (receptora)
Desenvolve un proxecto de palabra falada coa intención de levar a poesía máis alá da escrita. Trata de esluir tódolos prexuizos ao redor da poesía. Autora do poemario «Simún», está a desenvolver unha nova obra chamada: «Delincuente».
Ampliamos a cantidade de bolsas anuais
Queremos impactar no maior número de traxectorias. Cada ano, ademais da reportaxe en «As follas novas» e o acompañamento para búsqueda de contactos útiles, aumentamos o número de bolsas, contías e modalidades para a comunidade de finalistas para que presentarse sexa sempre construtivo.
Bolsa ensaia · Residencia
Cada ano, unha finalista realiza unha estadía dun mes en Anceu coliving. Un inspirador espazo creativo no rural no que, ademais de incluír hospedaxe (1.200€) e as mentorías, tes unha bolsa de 600€ para gastos.
—Ti pasas un mes creando, nós entendemos mellor o que queres facer para contribuír con ideas e contactos ao teu futuro.
Bolsa ensaia · Encontro
Creamos a comunidade de finalistas co fin de favorecer conexións do talento local. Cada ano, damos dúas bolsas económicas de 250€ para que unha das persoas finalistas ensine o seu traballo ás demáis.
—Ti ensinas o teu traballo durante dúas horas, despois xantades para crear conexións e compartir aprendizaxes.
Bolsa ensaia · Obra
Dende 2025, outorgamos anualmente dúas bolsas de 500€ para facilitar que unha finalista poida levar a cabo un evento ou mostra do proxecto que quere facer.
—Ti fas un evento ou mostra da túa obra. Nós non precisamos logos, nin dereitos. Despois sumámonos para mostrar o que fas nas nosas redes.
-

Yas Deluaces
Música e arte | 2025 (residencia)
Artista multidisciplinar de Mazaricos que actúa como motor de reviltalización do territorio a través dunha proposta que investiga o imaxinario colectivo e a paisaxe a través do son e a vida na aldea.
Convídanos a explorar os códigos da música tradicional para transformalos en propostas contemporáneas.
-

Julia Lago
Emprendemento rural | 2024 (residencia)
Artista, ilustradora e axitadora cultural, revolucionou o panorama artístico urbano coa Grelería, unha galería na Coruña que combinaba arte e participación comunitaria. Agora, leva este proxecto á montaña lucense para crear un espazo único de convivencia e creación. Será un lugar onde artistas de todo o mundo compartan experiencias coa veciñanza, promovendo cultura, aprendizaxe e sustentabilidade nunha contorna privilexiada.
-

Antía Ameixeiras
Música | 2023 (residencia)
Violinista e cantante, non soamente quere ampliar o seu universo musical, senón dignificar o violín tradicional galego.
Namorada do instrumento dende os cinco anos, percorreu medio mundo con él. Agora, concentrada na creación propia coa agrupación Caamaño&Ameixeiras, reflexiona sobre a tradición querendo contribuír a súa evolución.
-

Chano Ripio
Debuxo | Cómic | 2022 (residencia)
Crear unha revista de cómic con artistas principalmente nados ou residentes en Galicia. Unir a unha comunidade de artistas, completamente libres de crear historias, que consigan facer pensar, inspirar e soñar ás novas mocidades.
Así é como Chano deu forma a «Boaonda cómic», a revista que aposta polo talento galego emerxente.
Finalistas da «Bolsa ensaia»
A «Bolsa ensaia» non é un premio nin un concurso. O propósito da mesma é apoiar a persoas que buscan facer unha traxectoria que impacta positivamente en Galicia. Velaí que dende a admiración e co obxectivo de contribuír ao maior número de persoas, sintamos que cada persoa finalista ten un enorme potencial no territorio. Animámosche a coñecelas en profundidade.
-

Pablo López Segura
Emprendemento | Arte | 2023
Artista e emprendedor cultural, reflexiona sobre a necesidade dunha cultura que traballe como os raizames das árbores. Tan arraigado no lugar, con tantos beneficios para a contorna, que sexa imposible desfacerse dela.
-

Montse Piñeiro
Artes plásticas | 2024
Explorando a conexión entre luz, corpo e movemento nas súas creacións escultóricas e de artes vivas e cunha traxectoria destacada como iluminadora e escenógrafa, traballa por levar o cinema á Galicia rural conectando comunidades coa arte e a tecnoloxía, deixando un legado creativo na periferia galega.
Instagram · Contacto · Entrevista -

Nerea Pallares
Literatura | 2023
Escritora que desenvolve un proxecto narrativo ambientado na Costa da Morte, no que explora as relacións entre tecido e linguaxe.
-

María Cándamo
Deseño | Xoiaría | 2022
A través de «Lixo atelier», María busca crear un proxecto de moda sostible que teña como centro a ética social e ambiental. Busca investigar como procesar o lixo do mar para convertilo en material renovado.
-

Iván García
Deporte | 2022
Loita por clasificar para os Xogos Olímpicos de París 2024. Aínda que na actualidad é o máximo expoñente do taekwondo en Galicia, gustaríalle aportar unha visión no só deportiva á sociedade.
-

Kiko González
Emprendemento | Natureza | 2023
Cunha incrible traxectoria no eido medioambiental - especializándose nos Páises Baixos - desenvolve un proxecto pioneiro que recupere os soutos tradicionais hoxe abandonados para usos produtivos, sociais e medioambientais.
-

Amalia Puga
-

Rubén M. Mosteiro
Olería | 2024
Oleiro, artesán e estudante de Belas Artes. Adica a súa traxectoria á recuperación das formas e técnicas tradicionais, mesturándoas cunha estética contemporánea. Traballa por recuperar espazos artesanais onde compartir coñecemento e tecer redes.
Contacto -

Sandra Parguiña
Deseño téxtil | 2024
Deseñadora gráfica e téxtil, adica o seu talento ao deseño de panos de seda, un formato para transmitir historias e preservar a memoria colectiva. O seu proxecto combina arte e patrimonio galego. Busca levar a cultura galega ao panorama internacional do deseño.
-

-

-

-

-
Sergio Sande
-

-

Alejandra Balboa