Política de Privacidade da bolsa ensaia.

Responsable dos datos

Esta política aplícase aos datos que nos facilitas ao presentar unha candidatura á «Bolsa ensaia» ou ao participar no seu proceso de selección.

Nome: ensaia
CIF: G27868264
Dirección: Rúa Celso Ferreiro Nº9 | Oficina Y | Vigo
Email: administracion@ensaia.com

​​

Que datos recollemos

Identificativos | nome e apelidos, alcume ou nome público, tipo e número de documento de identidade, data de nacemento.

De contacto | correo electrónico, teléfono, lugar de nacemento e de residencia.

De perfil público (opcionais) | páxina web, Instagram, LinkedIn.

A túa candidatura | o documento PDF que ti mesmo elaboras, coa información que decidas incluír nel.

Fotografía (opcional) | unha imaxe túa con fins exclusivamente divulgativos.

Para que usamos os teus datos

Xestionar a túa candidatura e o proceso de selección (revisión, preselección, entrevistas, resolución): execución das bases da convocatoria, que aceptas ao presentarte.

Comunicarnos contigo sobre o estado da túa candidatura: execución das bases.

Divulgar a túa obra e traxectoria se resultas finalista (web, correos á comunidade, redes sociais, prensa, podcast e reportaxe fotográfica): consentimento expreso que outorgas ao aceptar as bases; a fotografía é sempre opcional.

Enviarche comunicacións de ensaia (novas da bolsa e da comunidade): consentimento expreso. Podes darte de baixa en calquera momento coa ligazón que figura en cada correo.

Cumprir obrigas legais, en particular fiscais, no caso de recibir unha bolsa.

Non tomamos decisións automatizadas nin elaboramos perfís: todas as candidaturas as revisan persoas.

Lexitimación do tratamento

En virtude do artigo 6 do RGPD, tratamos os teus datos sobre estas bases:

Consentimento expreso | O que outorgas ao marcar a casa de aceptación ao enviar o formulario de candidatura, e que cobre tamén o envío de comunicacións e, de ser o caso, o uso da túa imaxe.

Execución das bases da convocatoria | Necesaria para xestionar a túa candidatura e o proceso de selección.

Obriga legal | As obrigas fiscais e administrativas derivadas da concesión dunha bolsa.

Podes retirar o teu consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento anterior.

Quen pode acceder aos teus datos

O equipo de ensaia e as persoas do xurado, obrigadas á confidencialidade.

Se resultas finalista, a comunidade de persoas doantes (pingas) participa na valoración final e poderá coñecer a túa candidatura; a túa imaxe e obra divulgaranse publicamente segundo as bases.

Encargados de tratamento que nos prestan servizos: Google Ireland Limited (aloxamento das candidaturas en Google Drive e correo), e Intuit Inc. — Mailchimp (envío de comunicacións). Non vendemos nin cedemos os teus datos a terceiros con fins comerciais.​

Transferencias internacionais

Algúns dos nosos provedores (Google, Mailchimp) poden tratar datos en Estados Unidos. Estas transferencias realízanse ao abeiro do EU-U.S. Data Privacy Framework e, se é o caso, de cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea.

Canto tempo conservamos os teus datos

Conservamos os teus datos mentres a «Bolsa ensaia» siga existindo ou ata que ti nos solicites o contrario. Isto permítenos manter o historial das convocatorias, ter en conta a túa traxectoria en futuras edicións e seguir enviándoche comunicacións. En calquera momento podes pedir a supresión dos teus datos escribindo a administracion@ensaia.com e eliminarémolos no menor tempo posible, agás aqueles que debamos conservar por obriga legal (por exemplo, fiscal, no caso de bolsas concedidas).

Os teus dereitos

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais que lle afecten. Se é o caso, podes exercer en calquera momento os dereitos de:

Acceso | Saber que datos temos, con que finalidade e de que categoría.

Rectificación | Corrixir, modificar ou actualizar os teus datos.

Supresión e oposición | Pedir que eliminemos os teus datos e deixemos de tratalos; farémolo no menor tempo posible, salvo motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou defensa de posibles reclamacións.

Limitación e portabilidade | Restrinxir o tratamento ou recibir os teus datos nun formato estruturado.

Revogación da imaxe | Se achegaches fotografía ou autorizaches o uso da túa imaxe, podes revogar ese consentimento cando queiras, sen efectos retroactivos sobre as publicacións xa realizadas.

Podes exercelos escribindo a administracion@ensaia.com ou por carta á dirección postal arriba indicada. Se consideras que non atendemos ben unha solicitude, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Seguridade

Aplicamos medidas técnicas e organizativas para protexer os teus datos: acceso restrinxido ás candidaturas, comunicacións cifradas e validación dos ficheiros recibidos.

Cambios nesta política

Se modificamos esta política, publicaremos a versión actualizada nesta mesma páxina indicando a data.

Última actualización: Xullo, 2026.