Esto fixemos en 2023.

Déixanos contarche, cun pouquiño máis de detalle, todo o que pasou en 2023 grazas ás pingas.

Segue lendo ↓

Nova bolsa! Si, estreamos unha iniciativa.

Cada centro educativo ao que acudimos de balde, fai unha doazón voluntaria. Con estes cartos, este ano, estreamos a «Bolsa dezaoito» na que a nosa querida Ingrid, con 18 anos, desfrutou dun mes en Sende interactuando con persoas de todo o mundo.

Sabes a idade da pinga con máis experiencia?

A nosa querida Choli, con 91 anos, cre que é importante impulsar e apoiar á xuventude porque é o futuro da nosa sociedade. Si, dá para que caia algunha bágoa. Ollo, a máis nova ten menos de 9.

Éxito de convocatoria da nosa «Bolsa ensaia»

Houbo un total de 116 candidaturas. Con honestidade, é ilusionante. Á fin e ao cabo, este é un movemento case descoñecido para a maioría. Que poderemos lograr se seguimos camiñando?

Máis de 30 novas pingas chegaron á comunidade.

Marta, Alfonso, Laura, Chis, Fer, Eloy, María, Claudia, Manel, Lucía, Tania, Sergio, Andrés, Emma, Enrique, Ana, Vera, Diego, Inés, Ángela, Beatriz, Agus, Juanpa, Pilar, Mosky, Noemí, Nuria… Sigamos.

Xa falamos con 750 mozas e mozos. Imaxina o que vén.

Levamos tres anos acudindo a centros educativos e xa puidemos compartir ideas con 700 rapazas e rapaces para invitarlles a facer a traxectoria que desexen. Aí temos o futuro de Galicia, disposto a escoitar.

Cos valores e propósito sempre presentes.

Estamos a facer moitas actividades, aínda que sempre co propósito en mente (impactar positivamente na seguinte xeración) e cun valor: dar.

Gústanos lembrar que somos unha comunidade que non pensa en recibir, senón en dar.

Algunhas das pingas novas da comunidade 💙

Por suposto, tamén tivemos tempo
de xuntarnos.

Dentro das nosas posibilidades, creamos e atopamos espazos para xuntarnos e aprender como perspectivas e, por primeira vez, a «Gala ensaia».

» Bolsa ensaia

Dúas persoas gañadoras e dezaseis finalistas en doce meses. Por que non soñar con moito máis impacto?

Sobre estas persoas incribles (en orde):

María Cándamo | Deseño | Contacto - Sergio Sande | Música | Contacto - Alejandra Balboa | Danza | Contacto - Andrés Sanjurjo | Cine | Contacto - Cristina Gil | Empresa | Contacto - Iván García | Deporte | Contacto - Nuria Vilán (G) | Poesía | Contacto - Chano Ripio | Debuxo | Contacto


- Imaxina canto talento cando levemos 50 anos dando bolsas -

Sobre estas persoas incribles (en orde):

Lucía Estévez | Cine | Contacto - Pablo López Segura | Emprendemento cultural | Contacto - Pablo Aguilar | Arte audiovisual | Contacto - Antía Ameixeiras | Música | Contacto - Adrián M. Pereiro | Lutería | Contacto - Nerea Pallares | Literatura | Contacto - Enrique González | Emprendemento medioambiental | Contacto - Breogán Xague | Arte | Contacto

Rematamos cunha visión: sigamos.


É máis difícil xuntar a 140 persoas incribles que, unha vez xuntas, paralas. Estamos a crear unha comunidade única polo seu obxectivo: dar.

Queremos seguir medrando de dous modos que compartimos contigo: buscando novas pingas e creando novas iniciativas.

Despois do éxito da convocatoria da «Bolsa ensaia» pensamos que é realista crer que podemos outorgar dúas ou tres bolsas ao ano. Somos 140, se cada unha convida a alguén que comparta os nosos valores a participar, duplicaremos o noso impacto.

Crear novas iniciativas e atopar aos axentes correctos para impulsar novas bolsas como medio para impactar positivamente na seguinte xeración. O resumo: seguir este camiño tan fermoso que creamos xuntas.

Querida pinga.
Grazas de corazón.