Antía Ameixeiras | Violinista e cantante
Entrevistamos a Antía Ameixeiras, violinista e cantante cunha fonda conexión á música tradicional galega dende a súa infancia.
Cunha búsqueda constante pola dignificación do violín tradicional galego, é a metade do marabilloso dúo Caamaño&Ameixeiras, onde xunto a Sabela Caamaño (acordeón), conectan coa música de raíz, o folclore e a ritoloxía popular galega levándoa por todo o mundo.
«Temos un violín galego con denominación de orixe e debería poder estudarse nos conservatorios»
Finalista da «Bolsa ensaia» e receptora da «Residencia ensaia» en 2023, é unha das voces da nova música galega, aquí tes algúns titulares da entrevista que xa podes desfrutar completa en «As follas novas». Podes seguila no seu Instagram.
«A música tradicional fala dun tempo onde todo era máis lento, máis de verdade».
«As asociacións de música e baile son a semente da nosa cultura».
Sobre As follas novas Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos.
Séguenos na túa
plataforma favorita
Deixa as cinco estrelas ★★★★★