DÚBIDAS CENTROS
Nesta páxina exponse a información máis importante para tódolos centros educativos que queiran participar no proxecto mil futuros.

>

En que consisten as actividades?

Os encontros buscan dar un apoio á mocidade nunha etapa vital complicada na que teñen que tomar decisións importantes. Unha vez concertada a actividade co centro, as persoas que desexen asistir deberán cubrir un formulario anónimo para participar co fin de agrupar as persoas participantes de acordo a uns criterios pensados.

 

Cada grupo será de máximo 25 estudantes podendo levar a cabo dous encontros, con grupos diferentes, por centro. Neles, un ou dous profesionais de diferentes perfís, compartirán inquedanzas e reflexións.

 

Posteriormente, as mozas e mozos interesados, poderán pertencer a unha comunidade xuvenil máis ampla, de valde. 

>

Que beneficios teñen estes encontros para o alumnado do centro?
Segundo experiencias pasadas, os rapaces adican un tempo non só a pararse a reflexionar no seu futuro sen presión, senón a entender como tomar unha decisión máis consciente con base en experiencias de persoas que pasaron polo mesmo. 

Do mesmo xeito, ofréceselles a posibilidade de conectar directamente con profesionais de practicamente tódolos campos, no caso de ter dúbidas respecto a que estudar ou como orientar a súa carreira.
​Por último, poderán participar de valde en actividades futuras con persoalidades de diferentes sectores. 

>

Supoñen algún custo para o centro?
O custo para o centro consiste nunha doazón de cantidade voluntaria. O motivo é, ademáis de para poder levar a cabo o proxecto, crear un vínculo no que exista unha esixencia e responsabilidade mutuas no desenvolvemento das accións

>

Fanse en horario lectivo?
A participación nos encontros é completamente voluntaria para as mozas e mozos. Así, para facilitar a súa execución en colaboración co centro, proponse como actividade en horario lectivo alternativa a outra opción.  

>

Por que son voluntarios?
Para que o proxecto teña éxito, o alumnado debe ter a completa liberdade de decisión acerca desta actividade.  

>

Quen participa nestes encontros?
A organización contará con profesionais da comunidade de ensaia; persoas de diferentes ámbitos culturais e profesionais que, unidos por unha mesma visión de longo prazo, comparten a importancia e visión deste proxecto para inspirar, desenvolver e conectar o talento das novas xeracións.